miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Grupo Municipal Popular solicita ao Goberno de Compostela Aberta que se mellore a sinalización dos puntos máis transitados de Santiago

O Grupo Municipal Popular solicita ao Goberno de Compostela Aberta que se mellore a sinalización dos puntos máis transitados de Santiago
O Grupo Municipal Popular solicita ao Goberno de Compostela Aberta que se mellore a sinalización dos puntos máis transitados de Santiago

Esta mellora debería resaltar os principais destinos que demandan os visitantes, entre eles o Centro Internacional de Acollida de Peregrinos, as estacións de tren e de autobuses e os aseos públicos

O Grupo Municipal Popular solicita ao Goberno de Compostela Aberta que se melloren e repoñan os elementos informativos nos puntos máis transitados da cidade, prestando unha atención especial aos arredores da Catedral. Esta mellora debería resaltar os principais destinos que demandan os visitantes, entre eles o Centro Internacional de Acollida de Peregrinos, as estacións de tren e de autobuses e os aseos públicos.

O Grupo que dirixe Agustín Hernández xa ten presentado varias iniciativas argumentando a necesidade de mellorar a sinalización na cidade e, dunha maneira especial, na contorna da Catedral. Así, xa en xaneiro de 2016 aludiamos aos problemas coa sinalización do novo Centro Internacional de Acollida de Peregrinos (CIAP) desde as rúas do Vilar e Fonseca; en novembro dese mesmo ano falábamos da reposición do cartel informativo retirado na rúa Travesa de Fonseca; ou mediante un rogo xenérico presentado en etembro de 2017 para que se sinalizaran os lugares de interese para visitantes volvendo a citar o Centro de Acollida de Peregrinos e as estacións de autobuses e ferroviaria.

As respostas dadas en todos eses casos polo Goberno de Martiño Noriega non tiveron resultado práctico, quedou todo arranxado cun “tomamos nota” ou un “atendemos o rogo”. Deste xeito, os distintos concelleiros foron saíndo do paso sen que a día de hoxe se materializasen a maior parte das cuestións expostas.

En todo este tempo, apenas se instalou unha indicación do Centro Internacional de Acollida de Peregrinos, que segue a precisar unha mellor sinalización; o cartel da rúa Travesa de Fonseca, cos parafusos no chan, está á espera da súa reposición ano e medio despois; e a sinalización dos principais lugares de interese para os visitantes segue agardando por un “plan de sinalización ambicioso” que, parece, xa estaba a elaborar o Goberno hai dez meses.

Mentres tanto, as persoas que nos visitan e boa parte da veciñanza seguen botando en falta unha sinalización que lle informe de lugares e centros de servizos, de forma especial nos arredores da Catedral, centro neurálxico da cidade histórica e do turismo na actualidade.

"A esta precaria situación, vánselle sumando novas baixas, como o cartel indicador dos baños públicos que desapareceu no tramo final do Camiño, preto do Arco de Xelmírez".

Comentarios
Lo más