miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Compromiso ve "falta de sentidiño" no aparcadoiro da Avenida de Ferrol

Compromiso ve "falta de sentidiño" no aparcadoiro da Avenida de Ferrol
Compromiso ve "falta de sentidiño" no aparcadoiro da Avenida de Ferrol

"O Concello dálle as costas á construción prevista do centro de saúde do barrio", sinalan

Compromiso por Galicia amosa o seu malestar polo inicio das obras para o aparcadoiro da Avenida de Ferrol no lugar no que estaba prevista a construción do centro de saúde.

Os galeguistas ven como despois de estar a esperar 15 anos para a construción do novo centro de saúde o Concello acaba de tombar toda esperanza de levar a cabo a súa construción. Dende Compromiso piden ao goberno municipal que explique publicamente á veciñanza cal é a súa postura para a construción do novo centro médico, xa que as políticas que levou a cabo mostran a súa falta de interese. 

Compromiso tamén quere visibilizar o malestar da poboación da Praza da Mercé que, dende o comezo das obras, denuncian fortes vibracións no interior das vivendas. “Sería importante saber que análise de impacto se fixo para controlar o efecto da proximidade das obras cos edificios" dín desde a Agrupación, para concluír que “non se entende un orzamento de 100.000 euros para un aparcadoiro provisional, tendo unha parcela de titularidade municipal a escasos metros de iguais características na rúa Conxo de Arriba sin ningunha actuación prevista”.

Comentarios
Lo más