miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Arredor de 200 persoas participaron no Descenso do Ulla en Piraguas

Arredor de 200 persoas participaron no Descenso do Ulla en Piraguas
Arredor de 200 persoas participaron no Descenso do Ulla en Piraguas

As persoas participantes, de entre 14 e 50 anos, procedían principalmente de Boqueixón e da bisbarra

Arredor de 200 amantes do deporte acuático participaron o pasado sábado nunha nova edición do Descenso do Ulla en Piraguas. Esta iniciativa, desenvolvida de xeito conxunto polos municipios do Val do Ulla –Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces- contou coa presenza dos seus respectivos alcaldes, Manuel Fernández Munín, Carlos Martínez Carrillo e José Otero, respectivamente.

As persoas participantes, de entre 14 e 50 anos, procedían principalmente de Boqueixón e da bisbarra. Todas elas reuníronse na área recreativa da Ponte Ledesma para recoller cadansúa piragua e iniciar o percorrido de 10 quilómetros a través do río Ulla cruzando os municipios boqueixanés, cruceño e vedrés. Dende esta zona, as piraguas pasaron polas Illas Gres para despois cruzar o Val do Ulla ata chegar á área recreativa de Vilanova, onde finalizarían este percorrido.

Comentarios
Lo más