miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ence pode ser o principal productor de lodos residuais que xestiona Toysal

Ence pode ser o principal productor de lodos residuais que xestiona Toysal
Ence pode ser o principal productor de lodos residuais que xestiona Toysal

Todos os grupos municipais dos concellos de Teo, Ames, Brión, Rois e Padrón manifestaron o seu rechazo a este proxecto

A empresa Toysal solicitou ao concello de Teo o informe de compatibilidade urbanística para instalar unha planta de residuos de alta capacidade (ata 90.000 toneladas ao ano) no monte da Casalonga. Todos os grupos municipais dos concellos de Teo, Ames, Brión, Rois e Padrón manifestaron o seu rechazo a este proxecto.

Toysal busca unha saída á pranta de Xiloga que ten en As Somozas pois está compretamente ao límite e leva así seis anos. Ten unha necesidade imperiosa de atopar outro vertedoiro. As industrias coas que traballa Toysal son diversas e de todos os sectores, pero os residuos que chegarían a Casalonga serían do sector conserveiro, depuradoras municipais, sector da alimentación, químicas, fosas sépticas, sector automoción e o sector presuntamente máis importante para Toysal, a fabricación e transformación da pasta de papel. Así o deixa ver o código LER “residuos procedentes de tratamento de celulosa” que recolle o proxecto da planta de residuos que Toysal quere instalar na Casalonga. ENCE pode ser o principal productor de lodos residuais industriais que xestiona Toysal e o seu maior cliente.

No proxecto léese que a planta xestionará “lodos residuais industrais” un eufemismo, segun a plataforma, coa que Toysal quere disfrazar os códigos LER que alí se citan. Estos son os residuos que quedan nas depuradoras das empresas despois do tratamento das súas augas, aceites, materiais químicos, etc. Todo o que non se pode devolver ao medio ambiente pero “superconcentrado”. Esto é o que queren verter nun lugar residencial limítrofe cos concellos de Ames, Padrón, Rois e Santiago e con 20.000 habitantes a menos de 2km.

A plataforma coordinouse con outras plataformas da contorna de Santiago e coa plataforma en defensa da ría dende os seus comezos. Entenden que a problemática da xestión das empresas altamente contaminantes en Galicia ten unha mesma raíz. Así, este 4 de xullo ás 20h na Casa do Matadoiro en Santiago participará no acto proposto pola plataforma en defensa do Sar “Micro aberto. As problemáticas medioambientais da contorna” á que esperan asista toda a cidadanía interesada. O obxectivo deste acto é visibilizar a elevada concentración de problemáticas mediambientais da nosa contorna e recoller as necesidades de cada plataforma e as ideas e propostas de traballo conxunto. 

Dende a andaina rehivindicativa do 17 de xuño a plataforma mantén unha actividade intensa. Nesta semana ten varios actos. O xoves 5 participará na mesa redonda na Ramallosa coa plataforma da Mina de Touro e o luns 9 ás 20h dará unha charla informativa na casa de cultura do Milladoiro para presentar o proxecto da planta de residuos á veciñanza de Ames. Ademáis ten pendente unha reunión cos diferentes partidos políticos do concello de Teo para finais desta semana. 

Comentarios
Lo más