miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello de Ribeira foi proposto oficialmente como Concello emprendedor "Doing Business"

O Concello de Ribeira foi proposto oficialmente como Concello emprendedor "Doing Business"
O Concello de Ribeira foi proposto oficialmente como Concello emprendedor "Doing Business"

Así acaba de serlle notificado ao ente local despois de que na sesión da comisión técnica encargada do seguemento desta iniciativa celebrada o 22 de xuño se acordase propoñer a habilitación de “Concello Emprendedor” ao Concello de Ribeira

Despois de que o pasado 19 de xuño entraran en vigor as novas bonificacións fiscais recollidas nos impostos sobre bens inmobles (IBI), actividades económicas (IAE) e construcións, instalacións e obras (ICIO), o Concello de Riveira vén de ser proposto oficialmente pola Xunta de Galicia e a Fegamp como novo “Concello Doing Business Galicia – Concello Emprendededor”.

Así acaba de serlle notificado ao ente local despois de que na sesión da comisión técnica encargada do seguemento desta iniciativa celebrada o 22 de xuño se acordase propoñer a habilitación de “Concello Emprendedor” ao Concello de Ribeira por cumprir cos requisitos esixidos no correspondente protocolo.

A este respecto, cómpre lembrar as bonificaciós fiscais a que teñen dereito agora os empresarios que se animen a emprender no municipio ribeirense.

No que atinxe ao IBI, establécese unha bonificación de ata o 95% da cota íntegra do imposto a favor de inmobles urbanos nos que se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego, regulada no artigo 74.2 quáter do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. A gradación da porcentaxe de bonificación aplicarase así:

- Ata 95 por 100 pola creación de máis de 20 postos de traballo

- 75 por 100 pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo

- 50 por 100 pola creación de ata 10 postos de traballo.

Esta bonificación será de aplicación unicamente a aqueles inmobles nos que teña lugar a implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aqueles outros nos que se amplíen as instalacións sempre que implique creación de emprego.

En canto ao IAE, establécese unha bonificación de ata o 95% da cota correspondente para suxeito pasivos que tributen por cota municipal e que desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración, regulada no artigo 88.22 e) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. A gradación da porcentaxe de bonificación aplicarase do seguinte xeito:

- Ata o 95 por 100 pola creación de máis de 20 postos de traballo

- 75 por 100 pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo

- 50 por 100 pola creación de ata 10 postos de traballo.

No caso de empresas preexistentes, a bonificación aplicarase sobre o incremento da cota tributaria experimentada como consecuencia da ampliación da actividade.

E en terceiro lugar, polo que respecta ao ICIO, outorgarase bonificación ata do 95% da cota do imposto a favor das construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración.Para o recoñecemento do especial interese ou utilidade municipal o suxeito pasivo deberá ser unha Administración Pública, sempre que esta

Administración non repercuta sobre o contratista as cotas do ICIO, ou unha entidade sen fin de lucro inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións.

Ademais, sempre que así se solicite polos interesados, establécese unha bonificación de ata o 95% da cota íntegra en caso de construcións, instalacións ou obras realizadas nos locais afectos ao exercicio dunha actividade económica da que o suxeito pasivo sexa titular, cando sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego, regulada no artigo 103.2 a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. A gradación da porcentaxe de bonificación aplicarase do seguinte xeito:

- Ata o 95 por 100 pola creación de máis de 20 postos de traballo

- 75 por 100 pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo

- 50 por 100 pola creación de ata 10 postos de traballo.

Comentarios
Lo más