miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Xunta entrega unha pértega a Porto do Son como Concello colaborador no plan de control da Vespa Velutina

A Xunta entrega unha pértega a Porto do Son como Concello colaborador no plan de control da Vespa Velutina
A Xunta entrega unha pértega a Porto do Son como Concello colaborador no plan de control da Vespa Velutina

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias fixo entrega hoxe deste material ao alcalde

A Xunta de Galicia segue a entregar material para a loita contra a vespa velutina aos concellos colaboradores co plan de vixilancia e control deste insecto. Neste caso, foi a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, a que se desprazou a Porto do Son para facer entrega dunha pértega ao goberno local, xa que é un dos 116 que xa forman parte deste programa de traballo.

En tres anos a Xunta de Galicia xa leva entregados 500 equipos de protección individual, 151 pértegas para acceder aos niños en altura e 13.267 trampas aos apicultores coas súas correspondentes doses de líquido atraente. A maiores tamén se entregaron 5.404 botes de líquido atraente e 40.782 monodoses.

A entrega de material non é a única forma de colaboración que se ofrece dende a Xunta, que se encarga tamén da formación de persoal. Leva feitos un total de 33 cursos nos que participaron 1.229 técnicos. Respecto ao número de niños, no que vai de ano lévanse retirados 2.304 niños en toda Galicia.

O plan de control e loita contra a vespa velutina está integrado polos concellos colaboradores e distintos departamentos da Xunta de Galicia. Isto permite dividir o territorio de tal xeito que cada entidade (gobernos locais, Consellería de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza, Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Consellería do Medio Rural) é responsable dun municipio, o que permite unha actuación máis rápida cando se recibe unha alerta. 

No caso concreto de Porto do Son este ano téñense recibido 41 alertas e retirado 29 niños, é dicir o 70% dos avisos detectados. Ademais, repartíronse 399 monodoses de líquido atraente para os 14 apicultores rexistrados no municipio.

A directora xeral agradeceu ao alcalde, José Luis Oujo, a súa colaboración neste programa de control e axudar así ao sector apícola, presente neste municipio con 22 apicultores (profesionais e non profesionais) e 42 asentamentos.

Comentarios
Lo más