O BNG recibe varias queixas en apenas 24 horas do inicio de obras do aparcadoiro na avenida de Ferrol
O BNG preguntará formalmente se realizaron todos os estudos e avaliacións de afectación aos edificios próximos.
O grupo municipal do BNG recibiu varias queixas dende o inicio das obras de acondicionamento do aparcadoiro público en superficie na avenida de Ferrol. A veciñanza denunciou que a partir das tres da tarde e coincidindo cos traballos de habilitación da parcela, nos edificios limítrofes a mesma , os da praza da Nª Sª da Merced de Conxo , sentíronse fortes vibracións no interior das súas vivendas ao longo de toda a tarde, hasta a finalización dos traballos do acondicionamento do aparcadoiro.
O BNG de Compostela considera necesario coñecer qué análises ou avaliacións previas se fixeron sobre a afectación aos edificios polos traballos previstos do acondicionamento do aparcamento.
O portavoz Rubén Cela espera que o goberno cumpra co seu compromiso de que ese sexa un aparcadoiro exclusivamente ocasional e que fará todas as xestións pertinentes para que a Xunta de Galiza cumpra co seu compromiso de realizar nesa parcela un novo centro de saúde, imprescindíbel para Santiago, que permita corrixir as carencias do actual centro de saúde de Conxo e dar unha correcta atención primaria a toda zona sur do Concello.