miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A novena edición dos Campus Científicos de Verán inaugúrase este luns

A novena edición dos Campus Científicos de Verán inaugúrase este luns
A novena edición dos Campus Científicos de Verán inaugúrase este luns

A iniciativa está organizada polos Ministerios de Educación e Formación Profesional e de Ciencia, Innovación e Universidades e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT)

Este luns, 2 de xullo, chegan a Compostela os primeiros trinta rapaces e rapazas, estudantes de primeiro de bacharelato, que escolleron a Universidade de Santiago para participar nos Campus Científicos de Verán que xa van pola súa novena edición.

Logo de seren recibidos ás 10.00 horas na Residencia Colexio Maior Fonseca pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo, e polo coordinador dos campus científicos, Luís Hervella, os estudantes comezarán a traballar nos proxectos que a USC lles propón e que van dende a eliminación da contaminación da auga ata hidroxeles intelixentes, matemáticas e CSI ou o acelerador de partículas LHC.

PROXECTO

Dirixidos a estudantes de 1º de Bacharaleto e 4º de ESO de toda España, os Campus Científicos buscan espertar vocacións científicas para así fomentar a investigación de excelencia e o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica. No programa participan 13 universidades con Campus de Excelencia Internacional que foron seleccionadas polo Ministerio de Educación conforme á valoración dos proxectos científicos presentados.

A iniciativa está organizada polos Ministerios de Educación e Formación Profesional e de Ciencia, Innovación e Universidades e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

Comentarios
Lo más