miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O grupo de canto Aleceia inaugura o luns os cursos intensivos de verán do CLM

O grupo de canto Aleceia inaugura o luns os cursos intensivos de verán do CLM
O grupo de canto Aleceia inaugura o luns os cursos intensivos de verán do CLM

Aleceia é unha agrupación de voces de muller que xurdiu en 1993 no barrio dos Tilos (Teo) como un obradoiro de canto

Por terceiro ano consecutivo, a formación Aleceia inaugurará o luns, 2 de xullo, os cursos intensivos de verán do CLM. Será nun concerto –ás 19.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca– no que o grupo de canto presentará un repertorio renovado con pezas en dez idiomas.

Dende a música tradicional xaponesa ‘Sakura’ ata a tanzana ‘Malaika’ en Swahili, pasando polo ‘In stiller Nacht’ de Brahms e a ‘Capricciata a tre voci’ do italiano A. Banchieri. Interpretarán tamén ‘Over the rainbow’ de H. Arlen, a francesa ‘Ce moys de may’ de C. Janequin e ‘Balaio’ do portugués H. Villalobos. O programa complétase coas pezas ‘Ay triste que vengo’ de Juan del Encina, a ‘Rosa de abril’ de A. Gaos ‘Recoñecéndome’ de Guadi Galego, esta última coa interpretación en lingua de signos por David Fernández.

ALECEIA

Aleceia é unha agrupación de voces de muller que xurdiu en 1993 no barrio dos Tilos (Teo) como un obradoiro de canto. Dende entón consolidáronse como grupo coral incorporando no seu repertorio unha gran variedade de pezas e estilos musicais. Juanjo Raíces é o seu director e tamén o responsable da meirande parte dos arranxos. 

No ano 2007 Aleceia puxo en marcha o encontro de corais ‘Cantando no serán’, que se celebra cada mes de outubro. En 2008 foi coral convidada na celebración do centenario do Centro Galego de Lisboa: Xuventude de Galicia; en 2012 no 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, que tivo lugar na Capela do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, e o pasado ano participou no Festival de Outono organizado polo Concello de Lalín.

Comentarios
Lo más