miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Feijóo reúnese mañá co presidente da República de Portugal

Feijóo reúnese mañá co presidente da República de Portugal
Feijóo reúnese mañá co presidente da República de Portugal

A axenda da visita inclúe reunións de carácter económico, institucional e coa colectividade

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reunirase co presidente da República, Marcelo Rebelo de Sousa, na visita ao país veciño que comeza mañá luns. Esta xuntanza dá continuidade ás boas relacións que manteñen ambos os mandatarios.

A axenda desta nova visita a Portugal inclúe reunións de carácter económico, institucional e  coa colectividade. Comezará na tarde do luns cunha recepción no Centro Galego de Lisboa, un centro que xa visitou este mesmo ano, no mes de marzo. Acompañado polo vicepresidente da Xunta reunirase coa xunta directiva do centro e saudará aos socios.

A actividade do presidente da Xunta proseguirá o martes coa súa participación nun encontro de empresarios organizado pola Cámara de Comercio e Industria Luso Española, no que terá a oportunidade de estreitar a cooperación cos axentes económicos portugueses e onde tamén intervirá o ministro do Planeamento e das Infraestruturas, Pedro Marques.

Comentarios
Lo más