miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Dúas persoas trasladadas despois dun incendio nunha casa en Redondela

Dúas persoas trasladadas despois dun incendio nunha casa en Redondela
Dúas persoas trasladadas despois dun incendio nunha casa en Redondela

Os feitos ocorreron no Camiño da Pega, á altura do número 2, ao fío das 19:30 horas da pasada tarde de onte

Dúas persoas resultaron afectadas por inhalación de fume tras un incendio declarado nunha casa en Redondela. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume calcinou o salón da vivenda.

Os feitos ocorreron no Camiño da Pega, á altura do número 2, ao fío das 19:30 horas da pasada tarde. Nese momento, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia do incendio.

A partir de aí, o persoal do CIAE 112 Galicia pasaba o aviso aos Bombeiros do Baixo Miño e de Vigo, a Protección Civil, á Policía Local e ao 061-Urxencias Sanitarias.

Unha vez na casa, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vigo sufocaron o lume e os efectivos sanitarios trasladaron ás dúas persoas ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Comentarios
Lo más