jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

CaixBank firma un convenio económico coa Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia

CaixBank firma un convenio económico coa Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia
CaixBank firma un convenio económico coa Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia

A entidade bancaria aporta 3.000 € para a dinamización asociativa de ACADAR

A Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia acaba de recibir 3.000€ para un proxecto co cal se pretende promover a dinamización asociativa como medio de participación e implicación de todas as persoas que conforman a entidade. 

ACADAR ven observando as limitacións de acceso das mulleres aos recursos, actividades, reunións, etc. Isto é determinado, principalmente, polas dificultades nos desprazamentos, ocasionadas entre outras causas pola dispersión poboacional, redes de transportes e infraestruturas deficitarias, inconvenientes no acceso ao emprego, roles de xénero tradicionais... entre outras condicións. Estes aspectos supoñen unha traba para o desenvolvemento persoal e social das mulleres con discapacidade, que se intensifica no caso de mulleres residentes en zonas rurais.

A dinamización asociativa significa a participación plena das persoas socias, mulleres usuarias, persoal técnico e político, de cara á consecución dos obxectivos e fins que persegue ACADAR. Poder manter, impulsar e respostar as necesidades e demandas das mulleres con discapacidade residentes en Galicia.

Para isto, autorizado por Obra Social, a oficina de Caixabank de San Roque en Santiago de Compostela, apoia esta iniciativa mediante a sinatura dun acordo económico. A entidade bancaria facilitará a intervención directa coas mulleres con discapacidade no seu entorno, así como acercar a mesma ás persoas socias que están en todo o territorio galego.

Comentarios
Lo más