Xornada de choivas en Santiago
07:30 30/06/18
07:30 30/06/18
As temperaturas mínimas non sufrirán cambios significativos mentres que as máximas descenderán moderadamente
O sábado unha baixa relativa situada no norte da península Ibérica traerá inestabilidade, polo que agardamos unha xornada de ceos parcialmente anubrados e con chuvascos puntualmente fortes que poderán vir acompañados de aparato eléctrico e sarabia.
As temperaturas mínimas non sufrirán cambios significativos mentres que as máximas descenderán moderadamente.
Os ventos soprarán frouxos de dirección variable.