jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Especialistas internacionais debaten en Compostela o futuro do turismo relixioso e de peregrinación

Especialistas internacionais debaten en Compostela o futuro do turismo relixioso e de peregrinación
Especialistas internacionais debaten en Compostela o futuro do turismo relixioso e de peregrinación

A Facultade de Xeografía e Historia desenvolve a X Conferencia internacional de Turismo relixioso e peregrinaciónentre os días 27 e 30 de xuño

A Facultade de Xeografía e Historia desenvolve a X Conferencia internacional de Turismo relixioso e peregrinaciónentre os días 27 e 30 de xuño. O encontro, que reúne preto dun cento de especialistas de todos os continentes, ten como obxectivo proporcionar coñecementos empíricos sobre a natureza cambiante da relixión na sociedade e fomentar o debate para analizar os desafíos do futuro respecto ao turismo de fe e peregrinación. 

Os temas clave que se presentan no congreso xiran en torno a cinco eixes: os visitantes e peregrinos; os produtos; a teoría e a teoloxía; a xestión; e os riscos. O primeiro deles presenta datos demográficos, motivacións, valores, comportamentos e interpretacións dos peregrinos, así como o impacto da súa viaxe, a experiencia transformadora e a espiritualidade.

O segundo céntrase en analizar os diferentes tipos de produtos demandados e a súa relación coa relixión. Respecto á teoloxía, este congreso presenta as relixións seculares e a súa historia. En relación coa xestión, busca ir máis aló do turismo relixioso e debater sobre a administración das empresas, a prestación de servizos, o turismo sostible e a tecnoloxía, así como os riscos que se podan orixinar.

O programa inclúe contidos como a situación de Italia en relación á economía política do turismo relixioso, ademais de estudos de caso sobre países como a India ou Tailandia. Tamén se analiza a percepción que os peregrinos teñen sobre as comunidades relixiosas locais e a posibilidade de crear vínculos interculturais, co obxectivo de descubrir como é o peregrino do século XXI.

A inauguración do congreso contou coa participación de Kevin A. Griffin, do Dublin Institute of Technology de Irlanda; a profesora da USC, Lucrezia López; e o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Francisco Durán, quen afirmou que “é imposible separar a relixión da cultura”, ao que engadiu, durante a primeira conferencia do congreso, que é preciso analizar “as transformacións socioeconómicas, os procesos de mobilidade e o fenómeno das peregrinacións no ámbito da sociedade global”.

O encontro está organizado polo Institute for Religious Tourism and Pilgrimage (IRTP), a revista International ‘Journal of Religious Tourism and Pilgrimage’ e a Universidade compostelá. O director do comité organizativo local é o catedrático de Xeografía Humana da USC e membro do grupo de investigación ANTE (Análise Territorial) Xosé Santos. 

Comentarios
Lo más