jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

"O Casting da polaca", este sábado na Casa da Cultura de Ordes

"O Casting da polaca", este sábado na Casa da Cultura de Ordes
"O Casting da polaca", este sábado na Casa da Cultura de Ordes

Será no auditorio da Casa da Cultura ás 20 horas e a entrada será de balde para todas aquelas persoas que desexen acudir

Este vindeiro sábado, 30 de xuño, a Asociación de Amas de Casa e Usuarios de Ordes representará a obra ‘O cásting da Polaca’, dirixida por Nekane Fernández. Será no auditorio da Casa da Cultura ás 20 horas e a entrada será de balde para todas aquelas persoas que desexen acudir.

‘O cásting da polaca’ é unha peza composta polos propios intérpretes, na cal se representa unha sesión de probas de selección de actores e actrices para poder participar na función dirixida pola que todo o mundo coñece polo alcume da ‘Polaca’.

Comentarios
Lo más