Música, gastronomía, xogos e solidariedade integran o cartel da Romaría da Diversidade
O vindeiro domingo 8 de xullo terá lugar a cuarta edición da Romería da Diversidade: unha gran festa promovida pola asociación AMBAR que, en palabras da súas presidenta Milagros Rey, está aberta a todos os veciños que desexen acudir para incidir nos valores da diversidade, a inclusión e a sostibilidade
O vindeiro domingo 8 de xullo terá lugar a cuarta edición da Romería da Diversidade: unha gran festa promovida pola asociación AMBAR que, en palabras da súas presidenta Milagros Rey, está aberta a todos os veciños que desexen acudir para incidir nos valores da diversidade, a inclusión e a sostibilidade.
A actividade foi presentada onte no Concello por Milagros Rey, pola traballadora de AMBAR Alicia Romero e polo alcalde Manuel Ruiz.
A festa arrancará ás 12.30 horas na explanada de Coroso e constará de cinco agras ou espazos de acción nos que colaboran distintos colectivos. Así, haberá unha agra solidaria con participación das organizacións AMBAR, ASEM Galicia, Asociación Integro, Asociación Amizade, Protectora Moura, Foros Ecolóxicos de Boiro e Riveira, ademais de produtos ecolóxicos e artesanais; unha agra do mundo coa colaboración de Konafro para desenvolver un obradoiro e exhibición de danza africana; unha agra dos xogos con inchables para nenos e nenas a cargo de D´fabula Ocio Infantil; unha comparsa polos cabezudos de Flor de Toxo; e xogos populares incluíndo o tradicional baile da silla; unha agra da arte con Liber (TA)piz, acción artística colectiva; e unha agra da verbena coas actuacións musicais de Riparia, Andavía Gaiteiros, e Blanca e Tinta.
E tampouco poderá faltar o tradicional Xantar Popular con polbo, pan, empanadas, degustación de produtos ecolóxicos e cantina.
Dende a organización se recordou que ese mesmo día pola mañá terá lugar a Carreira pola Diversidade, cuxas inscricións conclúen o 5 de xullo.
“Esperamos que co tempo se consolide e contribúa a que Ribeira sexa un pouco máis inclusiva”, declarou Milagros Rey, en tanto que o alcalde agradeceu o labor de AMBAR por facer con actividades coma esta un mundo máis humanitario e salientou o feito de que fose presentada no Concello, a casa de todos, dada a súa vocación de ser unha “festa de todos”.