San Pedro estará cortada por mor das súas festas
Diferentes modificacións de tráfico e do transporte público polas festas do Barrio de San Pedro
Con motivo da celebración das festas de San Pedro, produciranse as seguintes modificacións no tráfico:
- O venres día 29 pecharase ao tráfico a rúa de San Pedro entre as 19:00 e as 21:00 horas para a saída de pasarrúas e cabezudos.
- O sábado 30 a rúa de San Pedro, a praza da Cruz de San Pedro e Concheiros quedarán cortadas ao tráfico dende as 8.00 ás 3.00 horas do domingo.
- Nese mesmo horario prohibirase o estacionamento nos primeiros números da rúa Corredoira das Fraguas e na praza do Cruceiro de San Pedro.
- O domingo 1 de xullo tampouco se permitirá estacionar vehículos nestas rúas entre as 11:30 e as 13:30 horas por mor da realización dun espectáculo de música e baile tradicional.
- Na rúa Concheiros, malia quedar prohibido o tráfico, permitirase o acceso aos garaxes durante toda a xornada, así como aos vehículos de carga e descarga ata as 10:30 horas.
- Os vehículos que queiran incorporarse á rúa de Betanzos e Bonaval accederán dende a intersección de Rodríguez de Viguri – Concheiros pola rúa da Angustia, na que se invertirá o sentido de circulación.
- Os vehículos que saian da rúa do Medio farano por travesa de San Pedro cara Belvís.
- Os vehículos procedentes da rúa Campo do Forno sairán pola rúa das Chufas cara á rúa Lagartos.
Todos estas prohibicións e cambios de sentido estarán debidamente sinalizados.
TRANSPORTE URBANO
As liñas 9, 13, C5 e C11 realizarán os seguintes desvíos:
- O venres 29 de xuño, durante 30 minutos entre as 19:00 e as 21:00, cortarase ao tráfico a rúa de San Pedro, corte que lle afectará á liña C11.
- O sábado 30 de xuño, cortaranse ao tráfico as rúas de San Pedro e Concheiros desde as 8:00 ata a finalización dos servizos do día, afectando á liña C11 e ás liñas 9, 13 e C5 en sentido Concheiros – Angustia – Bonaval.
*Desvío sentido norte (de Virxe da Cerca a San Pedro e Concheiros): Nos momentos de corte da rúa de San Pedro, a liña C11 desviarase pola rúa das Rodas, San Roque, Pastoriza, Ánxel Casal e avda. Rodríguez de Viguri, retomando o seu itinerario na rotonda de Concheiros.
Paradas suprimidas:
- 397 Porta do Camiño (parada alternativa máis próxima: praza de Abastos).
- 511 Rúa de San Pedro nº 58.
- 219 Cruceiro de San Pedro.
- 197 Concheiros nº 64 (parada alternativa máis próxima: avda. Rodríguez de Viguri, rotonda Concheiros).
*Desvío sentido sur (desde Fontiñas e avda. de Lugo a Concheiros – Bonaval - San Roque):
O sábado 30, no momento do corte da rúa Concheiros, as liñas 9, 13 e C5 desviaranse pola avda. Rodríguez de Viguri, Pastoriza e rúa San Roque, continuando cós seus itinerarios habituais.
Paradas suprimidas:
- 196 Concheiros nº 39 (parada alternativa máis próxima para as liñas 9 e C5: rúa Berlín; para a liña 13: avda. de Lugo, xulgados).
- 220 Cruceiro de San Pedro.
- 154 Campo da Angustia.
- 557 San Domingos de Bonaval (parada alternativa máis próxima: praza de Abastos).
- 639 Valle Inclán (La Salle) (parada alternativa máis próxima: rúa de San Roque).
Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán realizadas polas distintas liñas.