O Viravolta pecha o curso coa exhibición de fin de curso
17:05 27/06/18
17:05 27/06/18
A entidade santiaguesa despediu a dúas das súas ximnastas, Ana e Iria, que tras moitos anos de esforzo e cariño se retiran da competición
O Clube Viravolta de ximnasia rítmica levou a cabo a pasada fin de semana a exhibición de fin de curso na que, ademais de todos os conxuntos e ximnastas do clube santiagués, participaron as escolas deportivas de Ames e O Pino. Todas gozaron dunha mañá de ximnasia despedindo esta magnífica tempada.
Ademais, o Viravolta despediu a dúas das súas ximnastas, Ana e Iria, que tras moitos anos de esforzo e cariño se retiran da competición.
A entidade con sede na capital de Galicia ven de asinar un curso extraordinario.