A brigada de obras rebaixa as beirarrúas do núcleo de Carreira
12:46 27/06/18
12:46 27/06/18
A brigada municipal de Obras do Concello de Ribeira está a traballar dende fai 15 días no rebaixe das beirarrúas do do núcleo de Carreira para acadar a súa accesibilidade
A brigada municipal de Obras do Concello de Ribeira está a traballar dende fai 15 días no rebaixe das beirarrúas do do núcleo de Carreira para acadar a súa accesibilidade.
A actuación estase a centrar especialmente na estrada xeral (DP 73-06) e no desvío dende esta vial en dirección Couso pola estrada DP 73-06, incluíndo o rebaixe dalgún paso de peóns.
Despois dun breve parón para emprender outros labores a brigada proseguirá a próxima semana.