Chegan a Santiago os vixiantes da Fábrica de Armas de A Coruña
Hoxe está prevista a chegada á Praza do Obradoiro do grupo de vixiantes da Fábrica de Armas (A Coruña) que o pasado luns, día 25, iniciaron unha marcha a pé polo Camiño inglés como símbolo de protesta pola situación laboral que están a vivir
Hoxe está prevista a chegada á Praza do Obradoiro do grupo de vixiantes da Fábrica de Armas (A Coruña) que o pasado luns, día 25, iniciaron unha marcha a pé polo Camiño inglés como símbolo de protesta pola situación laboral que están a vivir.
Denuncian a pasividade das distintas administracións afectadas antes as denuncias presentadas polos propios traballadores e FeSMC-UGT relativas á falta de seguridade nas instalacións da Fábrica de Armas e os numerosos incumprimentos salariais das distintas empresas de seguridade que foron adxudicatarias da vixilancia da factoría coruñesa.
A día de hoxe, aos traballadores do servizo de vixilancia débenselles os meses de abril e maio e aínda están cobrando débedas da anterior concesionaria. Pero a isto súmaselle o feito de que o pasado día 11 Tepol Seguridad, a actual concesionaria, procedese ao despedimento da totalidade dos vixilantes, un total de nove traballadores que viñan prestando este servizo, pero sen aboar a correspondente indemnización.
Unha situación de precariedade que, con esta marcha, os traballadores afectados pretenden denunciar. FeSMC-UGT xa presentou as denuncias pertinentes ante os diferentes organismos afectados, Ministerio de Defensa, Subdelegación do Goberno, Inspección de Traballo, Intervención de Armas da Garda Civil e Unidade de Seguridade Privada da Policía Nacional, sen obter resposta ata o momento.