Homenaxe in memoriam da profesora Ana Domínguez Ferro
Á Área de Italiano do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana en colaboración coa Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares acaban de editar o libro Estudios de literatura medieval italiana, coa que renden unha homenaxe in memorian á profesora Ana Domínguez Ferro, falecida a comezos de 2017
Á Área de Italiano do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana en colaboración coa Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares acaban de editar o libro Estudios de literatura medieval italiana, coa que renden unha homenaxe in memorian á profesora Ana Domínguez Ferro, falecida a comezos de 2017.
O volume presentarase nunha sesión pública no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía este mércores 27 a partir das 13.00 horas. Domínguez Ferro impartía docencia neste centro no que exerceu como secretaria do seu Departamento en dous mandatos. Como investigadora contaba cunha importante traxectoria, avalada por numerosas publicacións científicas, nos campos da literatura italiana medieval, os códices humanistas italianos, a literatura de viaxes e a lexicografía italiano-galega.