jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A mostra "No colo da esperanza" pódese visitar no Pazo da Peregrina ata o día 29 de xuño

A mostra "No colo da esperanza" pódese visitar no Pazo da Peregrina ata o día 29 de xuño
A mostra "No colo da esperanza" pódese visitar no Pazo da Peregrina ata o día 29 de xuño

Dita mostra foi inaugurada o sábado, 16 de xuño, durante a celebració do Encontro Intercultural cunha visita guiada da man do propio autor, Felipe Carnotto

O Concello de Ames conmemora o Día Mundial do Refuxiado, que se celebra cada 20 de xuño, coa exposición da mostra "No colo da esperanza", que pode visitarse no Pazo da Peregrina, situado en Bertamiráns, ata o venres 29 de xuño. Dita mostra foi inaugurada o sábado, 16 de xuño, durante a celebración do Encontro Intercultural cunha visita guiada da man do propio autor, Felipe Carnotto.

Estas fotografías están protagonizadas principalmente por nenos e nenas que foxen da guerra en Siria coas súas familias, na procura dun futuro próspero en Europa. A forza das imaxes pretende poñer o foco nas inxustizas responsables da crise migratoria e humanitaria pola que miles de refuxiados se ven obrigados a abandonar os seus fogares e camiñar durante horas, cruzando países como Turquía, Macedonia ou Serbia na procura de refuxio, coa esperanza de vivir en paz. A exposición fotográfica, forma parte das actividades ofertadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade aos Concellos socios.

A relación entre Felipe Carnotto e o Fondo Galego bota a andar en 2014, cando o fotógrafo gaña o concurso Imaxes con Fondo II, no que o premio era unha viaxe a Nicaragua para retratar a realidade do país e os proxectos alí apoiados. Desta colaboración nace a mostra "Nicaragua. O futuro" e unha serie de talleres de fotografía social que percorreron unha decena de vilas. Agora o reporteiro cede esta nova exposición realizada na ruta dos Balcáns, onde o Fondo Galego aportou axudas de emerxencia ás persoas refuxiadas.

Comentarios
Lo más