Tempada histórica para o fútbol de Oroso
Os equipos Alevín A e B e Infantil B e C do Xuventude gañaron a liga, mentres que o Infantil e o Cadete gañaron a Copa do Sar, un torneo que tamén adxudicouse en categoría senior o Sigüeiro.
O fútbol está de festa en Oroso. Os clubes do municipio pecharon cun acto de recoñecemento por parte do Concello unha tempada histórica. Os equipos Alevín A e B e Infantil B e C do Xuventude gañaron a liga, mentres que o Infantil e o Cadete gañaron a Copa do Sar, un torneo que tamén adxudicouse en categoría sénior o Sigüeiro.
O Concello de Oroso organizou un acto para poner fin á tempada. “Non sei se haberá outro municipio en Galicia cos habitantes que temos nós que teña tantos equipos gañadores, estamos orgullosos de vos”, manifestou o alcalde, Manuel Mirás.
O concelleiro de Deportes, Luis Rey, agradeceu tamén o “traballo dos rapaces, dos entrenadores e dos directivos, así como o esforzo das familias, que son as que están sempre aí”.