jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O Centro Empresarial do Tambre inaugura mañá unha mostra de pintura da artista compostelana Carmen Torres

O Centro Empresarial do Tambre inaugura mañá unha mostra de pintura da artista compostelana Carmen Torres
O Centro Empresarial do Tambre inaugura mañá unha mostra de pintura da artista compostelana Carmen Torres

Expón en “(Ir) Realidades (Re) Veladas” 28 óleos e acuarelas de carácter abstracto e figurativo

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AEPIT) acolle a partir de mañá luns, día 25, a exposición de pintura “(Ir) Realidades (Re) Veladas” da artista Carmen Torres. A mostra inaugurarase ás 20:00 horas no Centro Empresarial do Tambre, e contará coa asistencia da propia autora e do comisario da exposición e membro da xunta directiva da asociación empresarial, Manuel Nieto. A mostra estará aberta ao público ata o 20 de xullo.

A mostra está composta por vinte óleos sobre lenzo e oito acuarelas, moitos deles abstractos e outros tantos de temática figurativa. Segundo explica Manuel Nieto, Carmen Torres inclínase cada vez máis por un lirismo contido, por dar paso á universalidade de formas e cores, por atopar ese equilibrio puro só ao alcance duns poucos, apostando por esa mestría no uso da imaxe e achegándose ao abstracto, pero sempre rebosante de sensibilidade, equilibrio e saber facer.

Carmen Torres (Santiago de Compostela, 1960) é unha artista que forma parte da Asociación Galega de Arte e Cultura (AGAEC), con sede en Compostela. Baixo a tutela do artista Xurxo Martiño, Torres comezou a desenvolver a súa faceta artística para acabar expoñendo de forma individual e participando en numerosas mostras colectivas en Santiago e máis alá das nosas fronteiras en terras portuguesas.

Comentarios
Lo más