Apróbanse as bases do "bonotaxi"
Este ano poderán optar ás axudas as persoas que teñan recoñecido legalmente problemas de mobilidade, as persoas con discapacidades superiores ao 33%, e as persoas maiores de 65 anos que residan no rural
A Xunta de Goberno aprobou o venres as bases da convocatoria das axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade. O orzamento previsto para a convocatoria é de 15.000 euros.
A convocatoria deste ano introduce numerosas novidades con respecto á realizada en 2017, co primeiro obxectivo de ampliar o número de posibles persoas destinatarias. Así, este ano poderán optar ás axudas as persoas que teñan recoñecido legalmente problemas de mobilidade, as persoas con discapacidades superiores ao 33%, e as persoas maiores de 65 anos que residan no rural. Tamén mudaron algúns requisitos de acceso. Así, desaparece a obriga de ter un tempo mínimo de empadroamento en Santiago e increméntase o límite de recursos para ter accesos ás axudas, que queda fixado en 19.362,24 euros anuais.
En canto ás contías a percibir, o máximo increméntase a 350 euros, 50 euros máis que na pasada convocatoria. Tamén se amplía o período de xustificación das axudas ata o 30 de novembro