miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas, mantivo un encontro coa alcaldesa de Outes, Beatriz Molino

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas, mantivo un encontro coa alcaldesa de Outes, Beatriz Molino
Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas, mantivo un encontro coa alcaldesa de Outes, Beatriz Molino

Vázquez Mourelle explicoulle que a nova actuación de mellora incluiría a avenida de Fisterra e o remate de beirarrúas no treito da estrada AC-550 ata a gasolineira

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo un encontro de traballo coa alcaldesa de Outes, Beatriz Molinos, á que lle trasladou o compromiso da Xunta de contratar canto antes a redacción do proxecto da 2ª fase de acondicionamento da travesía deste municipio, na estrada AC-550.

Vázquez Mourelle explicoulle que esta 2ª fase de mellora incluiría a avenida de Fisterra e o remate de beirarrúas no treito da estrada AC-550 ata a gasolineira.

O Goberno galego rematou no pasado mes de setembro a 1ª fase de mellora da travesía deste municipio, na AC-550, entre os puntos quilométricos 65+044 e 65+654, cun investimento de case 800.000 euros.

Con esta actuación logrouse que a travesía de Outes sexa máis accesible e máis cómoda para todos os usuarios, grazas a o reordenamento do ancho da estrada para incrementar o espazo destinado a beirarrúas, que contan coas dimensións recomendadas pola normativa vixente en materia de accesibilidade.

Con estas obras mantense o ancho das beirarrúas pola marxe dereita e ampliáronse as da marxe esquerda, reducindo o ancho do carril, que pasou de 3,5 a 3 metros. Así mesmo, reforzouse a seguridade viaria, realizáronse melloras en varias interseccións, con semiglorietas que permiten dous cambios de sentido, coa construción de carrís centrais de espera, ademais da extensión dun novo firme.

Ademais, executouse a renovación das redes de abastecemento, saneamento, pluviais, alumeado e semáforos e a ampliación das beirarrúas da ponte sobre o río Tines (Pq 65+080) para embelecido da estrutura, mediante colocación de voladizo metálico e pavimento de madeira.

Comentarios
Lo más