miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Dispositivo especial de tráfico para San Xoán

Dispositivo especial de tráfico para San Xoán
Dispositivo especial de tráfico para San Xoán

O Concello de Santiago de Compostela difunde os diferentes cortes de tráfico na cidade durante San Xoán

Con motivo da celebración das cacharelas e sardiñadas de San Xoán en diversos puntos da cidade na noite do sábado 23 de xuño, produciranse os seguintes cortes de tráfico:

- Fernando III O Santo: Dende as 20:00 horas pecharase ao tráfico a rúa de Fernando III O Santo no tramo comprendido entre República Arxentina e A Rosa.

- San Pedro: Dende as 18:00 horas quedará prohibido o estacionamento na Cruz de San Pedro. O acceso á rúa dos Lagartos farase pola corredoira das Fraguas ata a Costa do Vedor, onde os vehículos xirarán á dereita cara a Cruz de San Pedro.

- Pelamios: Dende as 17:00 horas cortarase o tráfico nos cruces do Burgo das Nacións con Carvalho Calero e de Morón con Castiñeiros e Pelamios.

- Pontepedriña: Dende as 20:00 horas pecharase a rúa de José Antonio Souto Paz.

A estes cortes hai que sumar o motivado polo Festival de San Xoán que se celebrará na praza de Mazarelos, polo que esta quedará pechada ao tráfico dende as 17:00 ás 01.00 horas do venres 22 e durante toda a xornada o sábado 23 e o domingo 24.

Comentarios
Lo más