jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A concelleira Goretti Sanmartín, candidata do BNG á alcaldía de Santiago no 2019

A concelleira Goretti Sanmartín, candidata do BNG á alcaldía de Santiago no 2019
A concelleira Goretti Sanmartín, candidata do BNG á alcaldía de Santiago no 2019

Anunciouse tamén o calendario de precampaña electoral

Goretti Sanmartín Rei foi a persoa escollida pola militancia do BNG para encabezar as eleccións de 2019 á Alcaldía de Santiago de Compostela, ao abeiro dun proceso interno participativo organizado durante o último mes pola formación nacionalista. Esta decisión deberá ser ratificada polo Consello Nacional, que aprobará as propostas achegadas polos Consellos Comarcais do BNG.

Goretti aludiu á necesidade de “democratizar os espazos, desde unha perspectiva urbanística, cultural, ambiental, de accesibilidade e, por suposto, feminista”. Lembrou tamén que “Compostela é a capital do nacionalismo galego, onde xurdiron relevantes iniciativas culturais e políticas”, ademais de expresar “a responsabilidade e a satisfacción de ser a persoa proposta polo Consello Local e pola asemblea para encabezar a candidatura de Santiago de Compostela”.

O responsábel local do BNG, Xesús Domínguez, fixo unha semblanza do traballo realizado por Rubén Cela nos últimos anos á fronte do grupo municipal nacionalista, do que destacou “os seus grandes dotes de organizador e de impulsor de iniciativas, aos que se lle suman a capacidade de traballo, entrega, honestidade e diálogo para chegar a acordos polo ben da cidade e do rural”.

Na asemblea fixéronse máis propostas de nomes para conformar a candidatura, anunciouse tamén o calendario de precampaña electoral e comezáronse os traballos de organización do voluntariado para o Día da Patria.

Comentarios
Lo más