jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Concertos para despedir o curso da Aula Galega de Saxofón

Concertos para despedir o curso da Aula Galega de Saxofón
Concertos para despedir o curso da Aula Galega de Saxofón

Todos os concertos serán no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Riveira

Esta fin de semana remata o curso 17/18 da Aula Galega de Saxofón con tres concertos en dous días: o sábado 23 ás 20:30 e domingo 24 ás 20:00 os alumnos acompañados do pianista Joan Ramón Company.

O domingo 24 ás 13:00 poderemos desfrutar de Psaiko Quartet. Psaiko Quartet é un cuarteto de alumnos que están rematando o estudos superiores no Conservatorio Superior das Illas Baleares. A pesar de estar rematando os estudos teñen un enorme nivel que veñen de gañar varios concursos a nivel nacional e internacional como o 1º Premio na modalidade de cámara no 88 Concurso de Xuventudes Musicais de España e o 1º Premio no Thailand International Wind Symphony Competition. Forman parte deste cuarteto Borja Beneyto (Valencia), Franco Sánchez (Arxentina), Juan Alonso (Valadares, ex alumno da Aula Galega de Saxofón e o rianxeiro Martín castro (ex alumno do Conservatorio Municipal de Rivera e da Aula Galega de Saxofón)

Todos os concertos serán no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Riveira.

Comentarios
Lo más