miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG pide explicacións polo retraso do acceso á zona verde do Castro de Castiñeiras

O BNG pide explicacións polo retraso do acceso á zona verde do Castro de Castiñeiras
O BNG pide explicacións polo retraso do acceso á zona verde do Castro de Castiñeiras

Os nacionalistas critican que se teña á brigada de obras facendo letreiros para rotondas mentres se desatende a seguridade viaria

O BNG rexistra unha iniciativa no Concello de Ribeira, para obrigar ao goberno do Partido Popular a dar explicacións polos contínuos retrasos na construción do acceso peonil desde o paseo marítimo de Castiñeiras á área verde e pistas deportivas do Castro.

O voceiro do BNG Xosé Vázquez Cobas, lembrou que a iniciativa presentada polo Bloque en maio de 2017 foi respaldada pola Corporación, pois todos os grupos viron a necesidade de construír un acceso peonil desde o paseo marítimo até a zona verde. Na actualidade, un ano máis tarde aínda non está feito e iso que xa estamos en plena tempada de verán, cando se dá un aumento no número de habitantes e turistas.

Para Vázqueza Cobas o retraso na construción da senda peonil responde á mala xestión do goberno municipal e puxo como exemplo a construción de letreiros para rotondas. “O goberno do señor Ruiz prefire ter á brigada de obras perdendo o tempo en facer carteis ilegais para decorar rotondas que en facer unha obra que solicita a veciñanza de Castiñeiras” expuxo Cobas.

Para o BNG non é lóxico que o PP estea máis preocupado na decoración de dúas rotondas antes que mellorar a seguridade viaria da poboación, por todo iso o BNG voltará exixir que o goberno cumpra con Castiñeiras e non esqueza que nas parroquias tamén hai demandas que deben ser atendidas.

Comentarios
Lo más