A X Olimpíada Española de Economía inaugurase o luns no Colexio de Fonseca
Un total de 135 alumnos de segundo de Bacharelato de toda España participarán no concurso que terá lugar o martes 26
O Colexio de Fonseca recibe hoxe aos participantes na X Olimpíada Española de Economía que desenvolverá en Compostela a súa fase final, coincidindo coa celebración do 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia. Un total de 135 alumnos de segundo de Bacharelato de toda España participarán no concurso que terá lugar o martes 26.
A inauguración do certame terá lugar o luns ás 17.30 horas nun acto ao que asisten a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo Moledo; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, Manuel Corredoira; a decana da Facultade de Economía e Empresariais da USC, Emilia Vázquez; e a presidenta da Asociación Española de Economía, Mª Luz Marco.
Trátase dunha das grandes citas do programa conmemorativo deste 50 aniversario e a primeira ocasión en que este evento se celebra en Galicia e que acollerá durante tres días a máis de 300 persoas entre participantes e profesores de ensino universitario e medio de todo o territorio español.