jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Comeza a conta atrás para o III Trail subida ao Pico Muralla "Concello de Rianxo"

Comeza a conta atrás para o III Trail subida ao Pico Muralla "Concello de Rianxo"
Comeza a conta atrás para o III Trail subida ao Pico Muralla "Concello de Rianxo"

A proba celebrarase o 25 de xullo de 2018, mércores, e a saída da categoría absoluta será ás 10:30 horas

Xa temos nova data para o III Trail Subida ao Pico Muralla - Concello de Rianxo, organizada polo Servizo de Deportes e Barbantia Roda. A proba celebrarase o 25 de xullo de 2018, mércores, e a saída da categoría absoluta será ás 10:30 horas. A distancia é de 15 km cun desnivel acumulado de 671 m.

O prazo de inscricións é ata o domingo, 22 de xullo, e os prezos son os seguintes:

  • -Trail 6 euros

-Participación e categorías

Poderán participar todas aquelas persoas que así o desexen, e para poder optar a algún dos premios será condición indispensable ter rematado a carreira.

As categorías do Trail serán as seguintes (teranse en conta os anos cumpridos o día da proba):

  • -Sénior masculino e feminina: 18-40 anos.
  • -Veteranos/as 1: 41-55 anos
  • -Veteranos/as 2: 56 e maiores.

-Andaina: Categoría única non competitiva.

Comentarios
Lo más