miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Cinco sindicalistas declararán como investigados por presuntas coaccións na folga da Xustiza

Cinco sindicalistas declararán como investigados por presuntas coaccións na folga da Xustiza
Cinco sindicalistas declararán como investigados por presuntas coaccións na folga da Xustiza

Avisan que "a vía penal pode funcionar nos dous sentidos e probablemente iniciarán accións penais"

Cinco delegados sindicais da Administración da Xustiza en Galicia están a ser investigados e terán que declarar ante a Fiscalía e ante un xulgado de instrución por un presunto delito de coaccións tras diferentes mobilizacións e actos de protesta levados a cabo durante a folga que mantivo o sector case paralizado máis de tres meses. Son todos eles representantes dos tres sindicatos que nin asinaron o acordo que puxo fin ao paro nin negociaran o preacordo que dera lugar á consulta na que a maioría do funcionariado rexeitara a proposta da Xunta: Alternativas na Xustiza-CUT, STAJ e CIG. E ven nos procesos unha "campaña de persecución contra as centrais que non obedeceron a patronal". 

En concreto, no xulgado de instrución número 1 da Coruña investígase a delegada da CIG, Chelo Rodríguez, e o de AX-CUT, Javier Fernández, a quen se lles abrira un expediente disciplinario por parte da Dirección Xeral de Xustiza agora en suspenso logo de abrírselles tamén dilixencias previas tras a súa participación nun piquete informativo.

O caso é que ambos os dous sindicalistas. foron falar coa secretaria de Goberno durante un piquete informativo, segundo aclaran, e foi ela mesma quen presentou queixa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que remitiu a denuncia á Dirección Xeral. Máis tarde, o propio xulgado abriu dilixencias previas por coaccións e o expediente foi suspendido ante un proceso polo que están chamados a declarar o 4 de xullo.

No caso de Pontevedra, a Fiscalía abriu dilixencias de investigación onde cita como investigados tres delegados sindicais por un presunto delito de coaccións tras o acontecido nas votacións levadas a cabo na capital provincial e en Vigo polo persoal da Administración de Xustiza o pasado 27 de abril. Concretamente, están citados o responsable de AX-CUT na Xustiza, Pablo Valeiras, e a súa compañeira Josefina Iglesias, da mesma central; e o representante do STAJ, Enrique Araújo.

Ademais, tanto En Marea como o BNG trasladaron o seu apoio aos sindicatos nestas reivindicacións e lembraron que a folga foi "histórica, exemplar, con seguimento masivo e unidade sindical". "O PP tentou entorpecer as mobilizacións, perseguir os traballadores e prolongar (o conflito) artificialmente porque non quería un acordo", dixo VilLares. 


Comentarios
Lo más