miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Museo de Historia Natural da USC inaugura este xoves a exposición ‘Vespa velutina: unha invasión imparable’

O Museo de Historia Natural da USC inaugura este xoves a exposición ‘Vespa velutina: unha invasión imparable’
O Museo de Historia Natural da USC inaugura este xoves a exposición ‘Vespa velutina: unha invasión imparable’

Para a realización da exposición, o Museo contou ca colaboración da Asociación Galega de Apicultura (AGA), do CIFP Politécnico de Santiago e de diferentes grupos de investigación das universidades galegas

O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela inaugura este xoves 21 de xuño ás 13:00 horas a exposición temporal 'Vespa velutina: unha invasión imparable'. O acto estará presidido polo reitor da USC, Antonio López, e intervirá o director do Museo de Historia Natural, Marcos González.

Para a realización da exposición, o Museo contou ca colaboración da Asociación Galega de Apicultura (AGA), do CIFP Politécnico de Santiago e de diferentes grupos de investigación das universidades galegas.

A exposición explicará os danos e ameazas que a avespa representa para a nosa biodiversidade, saúde e seguridade cidadán e os principais impactos socieconómicos, principalmente no sector da apicultura. Ademais, preséntanse os resultados de diferentes liñas de investigación sobre diversos métodos de control, como son a loita biolóxica, os biocidas e o emprego de trampas eléctricas.

Antes da inauguración, o Museo desenvolverá un encontro entre investigadores das universidades galegas e representantes da AGA e doutros colectivos, co obxectivo de intercambiar experiencias e analizar propostas para o deseño de estratexias na loita contra a vespa velutina. 

Comentarios
Lo más