miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Igrexa da Universidade acolle "A cantata do café" de Bach

A Igrexa da Universidade acolle "A cantata do café" de Bach
A Igrexa da Universidade acolle "A cantata do café" de Bach

A función, de entrada libre, será hoxe xoves 21 ás 20.30 horas na Igrexa da Universidade

Co gallo do Día Europeo da Música, a USC colabora co proxecto da ‘Cantata do café’ de J. S. Bach que organiza a Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela coa fin de presentar, unha vez mais, unha visión innovadora sobre as obras mais representativas do repertorio. A función, de entrada libre, será hoxe xoves 21 ás 20.30 horas na Igrexa da Universidade.

Neste caso será unha lectura dramatizada desta obra do xenial cantor de Leipzig, pensada orixinalmente para ser tocada no Café Zimmermann polos músicos da orquestra de Bach despois das funcións de música sacra.

O equipo seleccionada para esta representación componse da soprano Clara Pannas, do barítono Keko Martínez Tapias e o tenor Christian Losada, na parte vocal. Na parte orquestral, o cuarteto Novecento acompañado polo frautista Luis Soto e a clavecinista Débora Baluja. A dirección escénica corresponderá a Diego Rei, coa intervención de membros da compañía Thalía Teatro.

Xunto coa USC e a Asociación de Amigos da Ópera de Santiago, colaboran neste Proxecto a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Cultura da Deputación da Coruña e o Concello de Santiago.

Comentarios
Lo más