jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Compromiso reclama 5,5 millóns de euros do estatuto de capitalidade

Compromiso reclama 5,5 millóns de euros do estatuto de capitalidade
Compromiso reclama 5,5 millóns de euros do estatuto de capitalidade

Os 2,3 millóns deste ano quedan lonxe da cifra real de gasto

"A Xunta de Galicia dálle a Santiago menos da metade da contía que lle corresponde polo Estatuto de Capitalidade". Así é como Compromiso por Galicia insta ao Goberno municipal para que demande á Xunta a actualización da financiación da Capitalidade. Como é sabido, a cidade de Santiago de Compostela recibe, ao abeiro da Lei do Estatuto de Capitalidade, do 2002, unha contía da Xunta de Galicia para o tratamento xuridico-administrativo e financiero da capitalidade. Desde hai anos, esa contía está conxelada nos 2,3 millóns de euros, "cando hai estudos, como o do profesor Caramés, que cifra en 5,5 millóns de euros os que a Xunta debería achegar ao noso Concello; é dicir, o goberno autonómico debería aportar máis do dobre do que leva facendo nos últimos anos".

Santiago, ao ser a capital de Galicia, pón os ser servizos e recursos ao dispór do resto da cidadanía de Galicia, a cal non contribúe directamente a financiar ese instrumentos de uso público. De igual modo, o Concello non ingresa en concepto de impostos a reserva de terreos para uso da Administración. "Que desde o 2014 non se teña actualizado a cantidade asignada a Santiago como capital de Galicia, fai que a Xunta estea a acumular unha débeda histórica coa nosa cidade", sinalan desde Compromiso.

Comentarios
Lo más