miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A USC súmase o xoves 21 ao Día Europeo da Música

A USC súmase o xoves 21 ao Día Europeo da Música
A USC súmase o xoves 21 ao Día Europeo da Música

USC conmemorará o xoves 21 o Día Europeo da Música a través dunha actividade conxunta da Orquestra da USC e do programa de Visitas guiadas ao patrimonio universitario

USC conmemorará o xoves 21 o Día Europeo da Música a través dunha actividade conxunta da Orquestra da USC e do programa de Visitas guiadas ao patrimonio universitario. Así, a formación musical iniciará ás 12.00 horas no Colexio de Fonseca un percorrido que levará a música por tres lugares emblemáticos do patrimonio universitario e, por extensión, pola cidade, realizando breves intervencións musicais acompañadas das explicacións históricas do persoal do programa de Visitas. O Día Europeo da Música é unha iniciativa creada en 1982 en París coa intención de homenaxear a música como arte a través do seu achegamento a todos os públicos. Na actualidade é unha actividade celebrada en máis de 120 países arredor do mundo. 

A xornada arrancará na Biblioteca América, no Colexio de Fonseca, ás 12.00 horas interpretando a peza tradicional venezolana Alma llanera e a Muiñeira do Entrelazado de Allariz como mostra da música tradicional galega con arranxos do director da Orquestra, Marío Diz. Xa ás 12.30 horas, a formación orquestral subirá ao balcóns da Reitoría no Colexio de San Xerome para interpretar diferentes pezas tanto do repertorio renacentista como da tradición folclórica, culminando co Gaudeamus Igitur, himno universitario e universal. A seguinte parada do percorrido serán os exteriores da Facultade de Xeografía e Historia, a partir das 13.00 horas, para interpretar novas pezas de enfoque amable para toda a cidadanía, visitantes e forasteiros que se acheguen ao lugar.

A Orquestra da USC, que cumpre o seu oitavo aniversario, está formada por máis de 55 mozos e mozas que participan de facer un proxecto educativo con máis de catro programas por tempada. O grupo procura de xeito prioritario a formación musical dos seus membros que, semana tras semana, adquiren un maior compromiso co estudo a difusión dos valores da música. 

Comentarios
Lo más