miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Aberto o prazo para inscribirse na cuarta edición do concurso de tapas "De bo dente"

Aberto o prazo para inscribirse na cuarta edición  do concurso de tapas "De bo dente"
Aberto o prazo para inscribirse na cuarta edición do concurso de tapas "De bo dente"

Bares, restaurantes e establecementos terán de prazo dende este martes ata o 26 de xuño. O certame desenvolverase os días 12, 13 e 14 de xullo

O Concello de Ordes anuncia a apertura do período de inscrición para os bares e restaurantes que queiran participar na cuarta edición do concurso de tapas "De bo dente". Este desenvolverase ao longo da fin de semana do 12, 13 e 14 de xullo.

Para apuntarse será necesario cubrir a folla de inscrición e entregala dende o 19 ata o 26 de xuño como data límite, ben no mesmo Concello ou ben enviándoa ao correo electrónico maria.tembra@ordes.gal. A dita folla poderán solicitala no Departamento de Cultura ou ben descargala da páxina web ou das redes sociais do Concello (Facebook e Twitter). A cota de inscrición é de 20 €.

O concurso de tapas "De bo dente" é unha das iniciativas gastronómicas de maior importancia e participación das que se desenvolven en Ordes. A súa principal finalidade é a de incentivar a cultura das tapas, fomentar a súa calidade, acadar un maior número de visitantes no municipio e promover a gastronomía local á par que se dinamiza a hostalería.

Cómpre lembrar que na última edición foron 20 os establecementos participantes, os cales en conxunto presentaron un total de 50 creacións culinarias elaboradas con todo tipo de produtos.

Comentarios
Lo más