miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Arranca a segunda fase da Copa Camiños de Compostela

Arranca a segunda fase da Copa Camiños de Compostela
Arranca a segunda fase da Copa Camiños de Compostela

O primeiro e segundo clasificados de cada grupo na fase previa xogan para lograr o título e o terceiro e cuarto de cada grupo loitan pola consolación. As finais disputaranse o sábado 23 de xuño nos campos de Santa Isabel e As Cancelas

O pasado 4 de xuño comezou o I Torneo Internacional de Fútbol Base Copa Camiños de Compostela, que organiza a Asociación Fútbol Base Santiago e Comarca (AFBSC) coa colaboración da Federación Galega de Fútbol e os concellos de Santiago, Ames, Teo, Rois, Vedra e A Baña.

Na primeira fase do torneo, que rematou o 15 de xuño, os equipos enfrontáronse nunha liga a unha soa volta. Hoxe arranca a segunda fase, que se disputará ata o 22 de xuño, na que o primeiro e segundo clasificados de cada grupo xogan para lograr o título e o terceiro e cuarto clasificados loitan pola consolación. Esta segunda fase desenvolverase polo sistema de eliminación directa (copa). Por cada partido gañado os equipos obterán 3 puntos, un 1 no caso de empate e 0 se perderan o encontro.

As finais do torneo terán lugar nos campos de fútbol de Santa Isabel e As Cancelas o vindeiro sábado, 23 de xuño.

Haberá, ademais, premios aos equipos que amosasen durante todo o torneo un comportamento máis deportivo en cada categoría e un trofeo global ao equipo más deportivo de toda a Copa Camiños de Compostela.

Equipos clasificados

Na categoría prebenxamín xogarán para o título os equipos de CD Rois, Atlético Fátima, AD Burgo das Nacións, CD San Mamed, SD Milladoiro, SD Villestro ‘B’, SD Villestro e Amio SD. Mentres que a consolación será disputada por o SD Esclavitud, Escola Deportiva Santiago e SD Cacheiras.

Na categoría benxamín loitarán polo título os equipos de Escola Deportiva Santiago, SD Cacheiras, SD Milladoiro, Atlético Fátima, Amio SD, A Baña SD, SD Compostela e Atlético Fátima ‘B’. No que se refire á consolación, xogarán a Escola Deportiva Santiago ‘B’, CD Rois, SD Villestro, SD Villestro ‘B’, Praíña SP e SD Milladoiro ‘B’.

Na fase polo título da categoría alevín veremos xogar a SD Milladoiro ‘B’, A Baña SD, SD Villestro, Escola Deportiva Santiago, ADM Peleteiro ‘B’, SD Cacheiras, Amio SD ‘C’ e CD Rois. En canto á consolación, loitarán no campo Amio SD, AD Burgo das Nacións, SD Villestro ‘C’, SD Milladoiro, Amio SD ‘B’, Atlético Fátima, Compañía de María e SD Villestro ‘C’.

Na categoría infantil clasificáronse para o título o SD Milladoiro, SD Villestro, AD Burgo das Nacións, SD Villestro ‘B’, SD Milladoiro ‘B’, CD Rois, SD Compostela e SD Compostela ‘B’. Na fase de consolación están o Amio SD, SD Cacheiras, Atlético Fátima e Amio SD ‘B’.

En canto aos cadetes, chegaron á fase polo título o Amio SD, Amio SD ‘B’, SD Villestro, Compañía de María, Bastavales UD, CD San Mamed, SD Milladoiro ‘B’ e CD Rois. A consolación será para SD Compostela, CD Belvís, SD Milladoiro ou SD Cacheiras.

Por último, en categoría xuvenil clasificáronse SD Milladoiro, SD Compostela, AD Burgo das Nacións, Atlético Fátima, SD Milladoiro ‘B’, Amio SD ‘B’, SD Cacheiras e CD Rois. Na fase de consolación xogarán Amio SD ‘A’, Bastavales UD, CD Belvís e Atlético Lavacolla.

Comentarios
Lo más