A FeSP-UGT Galicia rexeita o plantexamento da Xunta e denuncia que incumpre os acordos a desenvolver e aplicar en Galicia
"A Xunta de Galicia atrasou a adaptación do Acordo galego de 18 de outubro de 2017, en aplicación do Acordo estatal do 9 de marzo de 2018 de recuperación de emprego, salarios e dereitos", apunta o sindicato
FeSP-UGT emitiu esta mañá un comunicado no que informa que o sindicato recibiu a proposta da Xunta o pasado venres ás 14 horas, "despois de reiteradas solicitudes da FeSP-UGT Galicia de trasladar o II Acordo Goberno-Sindicatos para a mellora de emprego público e das condicións de traballo, que non foron contestadas oficialmente, remitíndose a Xunta a data de publicación dos Presupostos xerais do Estado, e mesmo na Asemblea de delegados e delegadas do sindicato o pasado 29 de maio anunciouse, e así se recolleu publicamente, que Galicia podería ser das primeiras CCAA en acudir a Comisión de seguimento, elevada por FeSP Galicia a falta de adaptación do Acordo estatal", informa.
Segundo apunta a FeSP-UGT, "a Xunta negou a posibilidade do desenvolvemento do II Acordo estatal goberno- sindicatos do 9 de marzo de 2018 coa escusa de que non se tiñan publicado os Presupostos xerais do Estado, cando o Acordo estatal se publicou no BOE do 22 de marzo de 2018 e mandataba o seu desenvolvemento nas Administracións das Comunidades autónomas e Administración local".
A proposta de Acordo da Xunta se remite ó apartado oitavo do Acordo de 18 de outubro de Plan de estabilidade asinado polo propia Xunta e os sindicatos FeSP-UGT, CCOO e CSIF, que contiña o compromiso de “ampliar o ámbito material e subxectivo do mesmo se con posterioridade a súa sinatura se adoptasen medidas normativas habilitadoras”. Había polo tanto una dobre obriga da Xunta, cumprir o previsto no Acordo de 18 de outubro de Xunta- sindicatos e cumprir o previsto.
Ademais de que dita previsión se atrasou unilateralmente pola Xunta, o sindicato amosa o seu total rexeitamento á proposta de Acordo da Xunta, xa que non contempla a adaptación completa do II Acordo estatal de 9 de marzo de 2018, sinaladamente en materia de condicións de traballo: xornada, conciliación, igualdade, Incapacidade temporal, formación, Comisión de seguimento, interpretación e avaliación e habilitación da negociación sectorial no ámbito da Xunta de Galicia.
A FeSP-UGT Galicia remitirá as alegacións pertinentes, no obstante insta de xeito reiterado á Xunta o cumprimento cas obrigas contempladas no Acordo Xunta-sindicatos de 18 de outubro e o II Acordo Goberno estatal-sindicatos de 9 de marzo de 2019 e habilite un proceso de negociación real de recuperación de emprego, salarios e dereitos xeral e sectorial.