miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Presentan o II Congreso Internacional "Transicións na agricultura e a sociedade rural"

Presentan o II Congreso Internacional "Transicións na agricultura e a sociedade rural"
Presentan o II Congreso Internacional "Transicións na agricultura e a sociedade rural"

O evento será entre os días 20 e 23 de xuño pese a que o día anterior haberá unha presentación oficial

Entre os días 20 e 23 de xuño a Facultade de Xeografía e Historia acollerá a máis de 400 especialistas en Historia Rural. O motivo é o II Congreso Internacional Transicións na agricultura e a sociedade rural. Os desafíos globais da historia rural, no que os presentes estudarán as relacións entre contienentes, civilizacións e culturas e os efectos que estos tiveron na agricultura e as sociedades rurais.

Este Congreso ademáis alberga simultáneamente o VII Encontro RuralReport e o XVI Congreso de Historia Agraria do SEHA.

Lourenzo Fernández Prieto e os demáis membros organizadores; Daniel Laneo Táboas, Miguel Cabo Villaverde e María del Carmen Espido Bello ofrecerán un día antes un relatorio de que vai acontecer estes tres días no Congreso na Sala do Profesorado da Facultade de Xeogradía e Historia.

Comentarios
Lo más