"Vero Boquete Summer Camp 2018", moito máis que un simple campus
"Sempre dixen que non encontro mellor maneira de educar que mediante o xogo e o deporte. E sei que, como sempre, os participantes daranme máis a min do que eu lles darei a eles". Sobre estas palabras da futbolista compostelá susténtase á terceira edición do Summer Camp 2018 que organiza a Escola Vero Boquete, unha nova iniciativa dunha das mellores deportistas españolas que entre o 25 e 29 deste mes reúne en Porto do Son a mozos e mozas entre os 6 e 18 anos
"Ser un referente é unha motivación, pero tamén unha responsabilidade. Debemos comprometernos co noso deporte e inspirar as novas xeracións”. A mellor futbolista da historia do fútbol español teno claro e predica co exemplo. Despois de despedir o pasado mes de decembro na súa Santiago de Compostela natal unha nova edición do seu Campus de Nadal, a Escola VeroBoquete segue adiante cos seus proxectos e fai realidade a terceira edición do Summer Camp 2018, un evento que xa é toda una referencia e que durante estes días ultima todos os detalles para que os participantes gocen dunha experiencia única.
Así, esta terceira edición do Summer Camp Vero Boquete entra en acción do vindeiro 25 ao 29 de xuño no Concello de Porto do Son. Sen dúbida, estamos ante unha experiencia única que fará deste verán algo inesquecible. Rapazas e rapaces de idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos poderán facer realidade o seu soño de poder xogar ao lado dunha xogadora de nivel internacional como Vero, desenvolvendo e perfeccionando ao seu carón os fundamentos técnico-tácticos do deporte rei.
Así, un dos piares fundamentais da filosofía da mellor futbolista española da historia, que rexen e están presentes en todas as actividades das súas Escolas e Campus, son a transmisión de valores como a igualdade, o esforzo, a deportividade, o respeto e o traballo en equipo. E como non podía ser doutra maneira, apoiándose nun equipo profesional de adestradores e monitores titulados. E xa que estamos nun marco inigualable non todo vai ser fútbol, posto que os participantes tamén terán a oportunidade de gozar doutras modalidades deportivas como surf, vela, escalada, activades de tempo libre e ocio nocturno.
A sede deste terceiro ano do Summer Camp está situada nun lugar marabilloso como é o Concello de Porto do Son, ao igual que en edicións anteriores. Dito municipio dispón dunhas instalacións deportivas e de tempo libre de primeira orde, nas que as rapazas e rapaces poderán gozar durante esta nova edición do Summer Camp Vero Boquete. Tampouco podemos esquecer a tradición futbolística que dende sempre se respira no Son, moi arraigada en toda a costa galega.
Instalacións
As instalacións das que poderán gozar os usuarios desta nova edición do Summer Camp Vero Boquete son:
−Campo de fútbol “Emilio Garcia”, de céspede artificial.
-Piscina Municipal Climatizada
Aloxamento e staff técnico
Este ano os partipantes do Summer Camp Vero Boquete que optasen pola opción do aloxamento utilizarán o albergue de Cáritas, situado en Arnela, Porto do Son. Alí poderán gozar e descansar nun entorno tranquilo, acolledor e único pola súa magnífica ubicación.
Outra das chaces do éxito desta actividade radica na composición do staff técnico que dirixe, xunto con Vero Boquete, este Summer Camp. Así, o corpo técnico está formado por Uxía Parcero (directora da Escola Vero Boquete), Gonzalo Goyanes (Coordinador da Escola Vero Boquete e da ED Xuventude de Oroso), Susú Cores (seleccionadora galega sub 12 feminina), Fernanda Cores (responsable das actividades de tempo libre), Manolo Vázquez (loxística)e un amplo grupo de adestradores e técnicos especialistas. Todos eles son licenciados en actividades físicas e deportes, adestradores titulados, técnicos especialistas nas diferentes actividades que se realizarán no III Summer Camp (actividades acuáticas, de aventura, fútbol, etc.) así como monitores de tempo libre.
Actividades e horarios
Nesta terceira edición do Vero Boquete Summer Camp é algo máis que fútbol, aínda que o deporte rei terá moito protagonismo. Así, os participantes na actividade, ademais de participar en varios adestramentos de fútbol, tamén terán a oportunidade de gozar dos deportes náuticos aproveitando o marabilloso entorno do Concello de Porto do Son para probar deportes como surf, vela, natación, kayak, sendeirismo e visitas guiadas.
En canto aos horarios, esta é a programación prevista segundo a organización:
Torneo final
E como colofón a toda esta semana de fortes emocións, o venres día 29 de xuño terá lugar un Torneo Final moi especial do Summer Camp 2018 e a Clausura do mesmo.
Últimas prazas
Ben mediante a modalidade de internos (cun custo de 320 euros que inclúe aloxamento e actividades) ou ben como externos (130 euros) a xornada do campus inclúe adestramentos de fútbol entre as 9.30 e as 13.30 horas. Os primeiros, ademais, poderán gozar de deportes náuticos como o surf ou a vela, ademais de actividades de tempo libre como escalada, sendeirismo e veladas nocturnas.
Con poucas prazas aínda dispoñibles, os organizadores lembran que para solicitar información pódese enviar un email a: info@veroboquete.com, chamar ao teléfono 646 974375 ou na web http:// veroboquete. com.
Esta é a última semana para poder inscribirse nesta III edición do Summer Camp Vero Boquete. O prazo remata este venres día 22 de xuño.