miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ames volve abrir as portas da súa radio municipal

Ames volve abrir as portas da súa radio municipal
Ames volve abrir as portas da súa radio municipal

No mes de setembro a relación de proxectos seleccionados será publicada nos taboleiros oficiais do Concello, na páxina web municipal, e incluída na grella de programación de Ames Radio

Co obxectivo de achegar a radio municipal á veciñanza, o Concello de Ames volve abrir as portas de Ames Radio para que calquera persoa, asociación ou entidade do concello maior de 18 anos, ou maiores de 16 anos sempre baixo a responsabilidade dalgún dos seus proxenitores ou titores, poda facer un programa de radio. Tamén poderán presentar proxectos en Ames Radio outras persoas, asociacións ou entidades non residentes no concello cando resulten de interese para o Concello de Ames ou estean protagonizados por persoas residentes ou nadas no municipio ou que traballen nel, así como por asociacións e colectivos do Concello.

A concelleira de Normalización Lingüística e Comunicación, Isabel Vaquero, explica que “con esta convocatoria continuamos o proxecto iniciado hai un ano polo que dez programas se sumaron ás emisións de Ames Radio. Agardamos repetir o éxito acadado coa primeira convocatoria para seguir ampliando a participación na radio, un medio público que debe estar ao dispor das veciñas e veciños para lle ofrecer información do Concello pero tamén para ser canle das súas inquedanzas e saberes”.

O prazo para a presentación dos proxectos está aberto ata o 9 de xullo de 2018. A relación dos proxectos presentados será exposta nos taboleiros oficiais do Concello e na web do Concello de Ames. O persoal técnico da emisora emitirá un informe de avaliación para o Consello Asesor da Radio sobre os proxectos recibidos en función dos criterios. Será o Consello Asesor quen aprobe a inclusión de novos programas e colaboradores. A cantidade dos proxectos seleccionados quedará en función das propostas recibidas e as posibilidades de emisión de Ames Radio.

Comentarios
Lo más