jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A Asociación Europea de Proteómica celebra en Santiago o seu congreso anual

A Asociación Europea de Proteómica celebra en Santiago o seu congreso anual
A Asociación Europea de Proteómica celebra en Santiago o seu congreso anual

A inauguración oficial celebrouse onte ás 16.30 horas no Hotel monumento San Francisco presidida polo vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri

A Asociación Europea de Proteómica (EuPA) celebrará os vindeiros días en Santiago o seu décimo segundo congreso anual, un evento de relevancia internacional no ámbito da investigación sobre o proteoma con particular incidencia en investigación biomédica. O programa do congreso serva tamén de xuntanza das sociedades españolas e portuguesa da especialidade. A inauguración oficial celebrouse onte ás 16.30 horas no Hotel monumento San Francisco presidida polo vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri; xunto a quen tamén asistirán o presidente da Sociedade Española de Proteómica (SEProt), o profesor de Farmacoloxía da USC Ángel García Alonso; e a presidenta da Sociedade Portuguesa de Proteómica , Deborah Penque.

Coa participación de 250 profesionais, a EuPA congrega as asociacións nacionais de proteómica de 23 países europeos. O termo proteómica denota o conxunto de estudos encamiñados á caracterización dos proteomas, definido como a totalidade de proteínas presentes nunha célula, tecido ou fluído biolóxico nun momento dado. Como explica o profesor Ángel García, o proteoma “é complexo e dinámico comparado co xenoma” e a súa análise ten gran relevancia ao ser as proteínas as responsables finais do que sucede nun organismos, ademais de que as súas alteracións son causa de numerosas enfermidades e de feito, como engade o profesor García Alonso, a maioría dos fármacos actúan sobre proteínas concretas, por exemplo, inhibíndoas.

Na actualidade hai un gran proxecto a nivel mundial para analizar o proteoma humano e España participa nel a través de varios grupos integrados na SEProt centrándose na análise das proteínas orixinadas a partir de xenes presentes no cromosoma 16. Os principais responsables deste proxecto reuniuronse con anterioridade á celebración do congreso o sábado 16 e o domingo 17 na Facultade de Medicina (19º C-HPP Workshop) organizado pola Human Proteomics Organization (HUPO). O mesmo sábado 16 estivo programada a celebración dun obradoiro sobre bioinformática aplicada á proteómica.

PROGRAMA

O programa do encontro, organizado en sesións plenarias e comunicacións, abarca un destacado número de temas entre os que se atopan a proteómica celular, manexo e interpretación de datos, proteómica clínica (cancro, cardiovasculas e proteómica sangínea así como outras enfermidades), preteómica de alimentos e nutrición, microorganismos e microbiota, aplicacións en descubrimento de fármacos, estandarización e innovación tecnolóxica, aplicacións en agricultura, biotecnoloxía e proteómica animal. Previamente á celebración da sesión inaugural, o domingo 17 está prevista a sesión de EuPA Young Proteomics Investigator Club (YPIC).

Comentarios
Lo más