miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O mercado Compostela ECO&ART volve á Praza Roxa

O mercado Compostela ECO&ART volve á Praza Roxa
O mercado Compostela ECO&ART volve á Praza Roxa

O evento celebrarase de 11 a 20 horas, con máis de vinte postos de produtos ecolóxicos e artesanía de autor, música e actividades

O Mercado Compostela Eco&Art volve hoxe sábado 16 á Praza Roxa de Compostela. Despois de ser aprazada a fin de semana pasada polo mal tempo, a cita regresa ao Ensanche con máis de vinte postos de produtos ecolóxicos e artesanía de autor, procedentes na súa maior parte de Santiago e comarca. Música e actividades completan a programación da xornada.

No Mercado Compostela Eco&Art participan produtores de alimentos ecolóxicos certificados e artesáns con propostas e deseños persoais. Organizada por Santiago Centro, a Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia (APEGA) e a asociación Nonéomesmo, a cita conta co respaldo do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), o Concello e Grupo Noya.

A programación para o sábado 16 inclúe durante toda a mañá unha actividade organizada pola asociación Só lles Falta Falar, que proporcionará información sobre educación e tenza de cans de compañía. Ademais, os alumnos da Escola Allegro levarán a cabo un concerto na carpa da música ás 13.30 horas.

Aínda quedan catro datas antes do parón do verán para gozar da cita na Praza Roxa. Deste xeito, o Mercado Compostela Eco&Art celebrarase os días 16 e 23 de xuño; e 7 e 14 de xullo. Estará aberto de 11 a 20 horas.

O Mercado Compostela Eco& é unha aposta de Santiago Centro, Área Comercial pola dinamización do Ensanche santiagués. Coa celebración quincenal deste evento, o Centro Comercial Aberto busca promover o consumo nos establecementos de proximidade, ao tempo que promove a un estilo de vida san e ofrece alternativas de ocio a composteláns e visitantes.

Comentarios
Lo más