jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O grupo Municipal Popular insiste na falta de xestión do Goberno de Martiño Noriega que volve a prorrogar outro contrato, neste caso, o correspondente aos espazos verdes e arboredo

O grupo Municipal Popular insiste na falta de xestión do Goberno de Martiño Noriega que volve a prorrogar outro contrato, neste caso, o correspondente aos espazos verdes e arboredo
O grupo Municipal Popular insiste na falta de xestión do Goberno de Martiño Noriega que volve a prorrogar outro contrato, neste caso, o correspondente aos espazos verdes e arboredo

O Goberno de Martiño Noriega volve a prorrogar outro dos servizos municipais, algo que se ven convertendo xa nunha maneira de facer política do Grupo municipal de Compostela Aberta

O Grupo Municipal Popular presentará no vindeiro Peno municipal unha pregunta sobre os motivos polos que o Goberno de Martiño Noriega volve a prorrogar o contrato doutro dos servizos municipais, algo que se ven convertendo xa nunha maneira de facer política do Grupo municipal de Compostela Aberta.

Neste ocasión, tócalle a quenda ao contrato para os espazos verdes e arboredo urbano. O Goberno de Martiño Noriega ten o costume de prorrogar a inmensa maioría dos contratos de servizos municipais que o Concello ten subscrito con empresas privadas, o que supón desprezar a posibilidade das licitacións ao remate dos prazos ordinarios de execución.

O Grupo Municipal Popular sinala que unha nova licitación abriría novas expectativas de melloras contractuais para o Concello e ampliaría o abano da oferta cara a pequenas e medianas empresas locais. Esta situación resta posibilidades para mellorar as condicións contractuais, por iso, o grupo que dirixe Agustín Hernández solicita información para coñecer porqué motivo non se ten contemplado, singularmente no caso do contrato para os espazos verdes e arboredo urbano, a modalidade dunha licitación por lotes que permitira a participación de pequenas e medianas empresas de ámbito local.

Así e seguindo coa tendencia imperante neste Concello durante o actual mandato, a Xunta de Goberno Local extraordinaria e urxente do pasado 11 de maio de 2018 acordou, por proposta do concelleiro delegado da área, a prórroga do contrato para a prestación do servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e arboredo urbano, á empresa que vén prestando ese servizo desde maio de 2014.

Este documento sinalaba un prazo de execución de 4 anos que remataba en maio deste ano, sinalando a posibilidade dunha prórroga máxima de 2 anos, pero esta excepcionalidade estase a transformar nunha constante á que se acolle o Goberno local para estender a efectividade deste contrato ata maio de 2020, cun gasto por anualidade de 3.411.710 euros, o que fai un total 6.823.420 euros.

Comentarios
Lo más