miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Case 300 imaxes participaron na terceira edición de Fotolingua

Case 300 imaxes participaron na terceira edición de Fotolingua
Case 300 imaxes participaron na terceira edición de Fotolingua

Nesta terceira convocatoria foron presentadas 221 imaxes diferentes e únicas, fronte ao total de 98 publicadas na anterior edición, algunhas delas duplicadas nas dúas redes sociais

O concurso Fotolingua vén de pechar a súa terceira edición, coa presentación de case 300 imaxes únicas de establecementos de Santiago que utilizan o galego nas súas comunicacións. Na pasada convocatoria, rexistráranse un total de 98 fotografías, algunhas delas publicadas por duplicado nas dúas redes sociais utilizadas no certame, Facebook e Instagram.

O prazo para participar en Fotolingua pechouse o pasado 7 de xuño. Nesta terceira convocatoria foron presentadas 221 imaxes diferentes e únicas, fronte ao total de 98 publicadas na anterior edición, algunhas delas duplicadas nas dúas redes sociais. Ademais, para animar a convocatoria desde a organización e tamén desde moitos establecementos sumaron outras 73 imaxes, alcanzando o total de 294 fotografías. As imaxes superaron un alcance de 6.000 visualizacións e provocaron máis de 4.000 interaccións.

Fotolingua bota man de Facebook e Instagram para darlle visibilidade ao uso do galego no ámbito comercial, reforzando os establecementos que o empregan e animando a outros a que o fagan e tamén. En cada edición escóllense dúas imaxes gañadoras, unha seleccionada pola organización e outra elixida polo público a través dos "gústame". As gañadoras recibirán como agasallo cadansúa cámara Polaroid Snap.

A imaxe premiada polo público nesta terceira edición foi a publicada en Instagram por @orballoooo, recollida no escaparate da tenda de agasallos Mononoke, da rúa de San Pedro. A imaxe obtivo 394 likes. Desde a organización seleccionouse a imaxe publicada en Facebook por Ana Arceo Túñez da lavandería Rodela, na rúa de Alejando Pérez Lujín. Ademais, o Departamento de Lingua, que xestiona esta convocatoria, quixo destacar tamén a especial atención que lle dedicaron ao concurso dous dos participantes: Xaime Varela Sieiro e Rafael Rodríguez Rey.

A terceira edición de Fotolingua confirma unha vez máis a vitalidade do galego no tecido comercial e empresarial compostelán que, malia todo, precisa aínda do reforzo da clientela e das institucións. Nesa liña, dende o Concello de Santiago mantéñense ano a ano varias iniciativas que perseguen poñelo en valor e facilitar o apoio que necesita, entre as que destacan as axudas á publicidade comercial e o Premio Manuel Beiras.

Comentarios
Lo más