jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A neuroloxía compostelá triunfa nos premios anuais da Sociedade Española de Neuroloxía

A neuroloxía compostelá triunfa nos premios anuais da Sociedade Española de Neuroloxía
A neuroloxía compostelá triunfa nos premios anuais da Sociedade Española de Neuroloxía

En total foron 5 os profesionais da sanidade pública compostelá en ver premiado o seu traballo

Neurólogos da Área de Sanitaria de Santiago de Compostela foron os máximos representantes galegos nos premios anuais da Sociedade Española de Neurología (SEN) que tivo lugar onte. Os Premios Sen, son “un recoñecemento a persoas e entidades que realizaron actividades de promoción da neuroloxía no seu ámbito científico e social”.

En total foron 5 os profesionais da sanidade pública compostelá en ver premiado o seu traballo: Javier López, responsable da Unidade de Epilepsia, quen acudíu ao acto anual; Manuel Arias, director do VII seminario Nacional sobre enfermidade de Parkinson, recoñecidda como mellor actividade docente do ano 2017; José Castillo, que recibíu a placa acreditativa como membro numerario de honra da SEN; Tania García, que recibíu a acreditación do premio axudicado na Reunión Anual da SEN; Julio Pardo Fernández, que obtivo o Premio Permio SEN Enfermedades Neuromusculares, Modalidad Científica por colaborar activamente na docencia das enfermedades neuromusculares e polo estudo das polineuropatías hereditarias en Galicia; e o Premio SEN Cefaleas, Modalidad Científica a Rogelio Leira Muiño, como recoñecemento á súa actividade científica en estudos de neuroimaxe e moleculares e pola coordinación do estudio nacional más importante publicado en España sobre cefaleas.

O acto de entrega tivo lugar durante o Acto Institucional da Sociedade, onte pola tarde no Salón de Actos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid.

Os Premios SEN son outorgados pola Xunta Directiva a proposta dos Grupos de Estudo da Sen e representan o recoñecemento da Sociedade Española de Neuroloxía e dos neurólogos españois a aqueles que contribuíron decididamente ao desenvolvemento da información científica ou á promoción social das enfermidades neurolóxicas.

Comentarios
Lo más