¡Luces, cámaras e acción!
Presentación en sociedade do novo proxecto do Clube Ciclista Compostelano-Muebles Compostela
Un centenar de ciclistas defenderán esta tampada ao Club Ciclista Compostelán-Muebles Compostela-Rosón Asesores. O conxunto da capital de Galicia viviu a súa multitudinaria posta de longo no concesionario Toyota Compostela Movil.
A formación que preside Manuel Paz contará con equipos nas categorías de escolas ademais de cadetes e xuvenís. Aínda que a presenza é maioritaria en ciclismo de estrada tamén destaca un numeroso grupo de ciclistas das modalidades de montaña con representación tanto en enduro como descenso e campo a través así como os habituais de ciclocrós.
Joaquín González e Abel Gómez estarán unha campaña máis como responsables técnicos do equipo coa colaboración de Luís Neira e Alfonso López entre outros.
O acto de presentación serviu tamén para mostrar o novo coche do clube, un vehículo de formato familiar e hibrido que Toyota achega ao equipo para o que resta de campaña. Os corredores formaron por categorías mostrando os detalles do novo equipamento que conta con máis predominio da cor branca e unha maior presenza do logotipo do patrocinador principal.
Manuel Paz (presidente) aproveitou a ocasión para agradecer os apoios dos novos patrocinadores e colaboradores como Toyota, Rosón Asesores Tributarios ou Domino´ s Pizza que se suman a Mobles Compostela. Manuel Tanoira de Toyota desexou moitos éxitos aos ciclistas e José Fernández de Mobles Compostela lembrou un ano máis á histórica relación da firma co equipo.
O que fora presidente da entidade, Nemesio López, lembrou aos mozos a súa necesidade de esforzarse nas competicións como un ensino vital e pechou o acto o presidente da FGC, Carlos Muñiz quen animou ao club santiagués no seu desexo de recuperar a clásica Volta dá Ascensión.