miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Agustín Hernández insta ao Goberno de Martiño Noriega a deixar de mentir sobre a nova Lei de Espectáculos Públicos de Galicia

Agustín Hernández insta ao Goberno de Martiño Noriega a deixar de mentir sobre a nova Lei de Espectáculos Públicos de Galicia
Agustín Hernández insta ao Goberno de Martiño Noriega a deixar de mentir sobre a nova Lei de Espectáculos Públicos de Galicia

O representante Popular considera que “o alcalde falta á verdade cando asegura que son a Xunta e o Partido Popular os culpables de que non se poidan celebrar concertos e espectáculos ao vivo”

O voceiro do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, ofreceu onte unha charla-coloquio sobre a Lei de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia, onde lle reclamou ao Goberno de Martiño Noriega que “deixe a un lado as mentiras e se poña a traballar para cumprir con esta normativa”.

O representante Popular considera que “o alcalde falta á verdade, cando asegura que son a Xunta e o Partido Popular os culpables de que non se poidan celebrar concertos e espectáculos ao vivo”. O dirixente municipal lémbranlle a Martiño Noriega que “ten que ser o seu Goberno o que desenvolva unha ordenanza que permita a veciños e locais estableces unha harmonía, os de convivan os intereses de cada un”.

Cabe sinalar que a nova Lei non muda a situación respecto da anterior norma, e, como indicou Hernández ”os convenios que se asinaban antes non respectaban a normativa e non se podían asinar e os que pretenden facer agora están nas mesmas circunstancias”.

Esta norma establece que os Concellos deberán recibir e comprobar as declaracións responsables, e outorgar as licencias; así mesmo, en relación aos establecementos, as autoridades municipais terán que recibir e comprobar as declaracións responsables; outorgar as licencias de apertura de establecementos abertos ao públicos; adoptar as medidas necesarias para o desenvolvemento ordenado dos espectáculos públicos e actividades recreativas da súa competencia; e exercer funcións de inspección e control e incoar.

Así mesmo, terán que autorizar as ampliacións ou reducións sobre o horario xeral; e , instruír e resolver os expedientes sancionadores por infraccións cometidas en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas, salvo as que son competencia autonómica, entre outras.

E tamén é as Concellos aos que lles corresponde establecer outros límites, requisitos ou características adicionais, en base ás súas competencias, para a aplicación da presente lei a través das súas ordenanzas e regulamentos.

Os concellos poderán, mediante ordenanzas ou regulamentos, establecer prohibicións, limitacións ou restricións destinadas a evitar a excesiva concentración de establecementos públicos e actividades recreativas ou garantir a súa coexistencia con outras actividades humanas e sociais a fin de protexer o medio ambiente e a contorna urbana ou conservar o patrimonio histórico-artístico.

Concretamente, as actividades sometidas a licenza ou autorización municipal son as seguintes: apertura establecementos abertos ao público cun aforo superior ás 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco; a instalación de terrazas ao aire libre ou en vía pública anexas ao establecemento aberto ao público; a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter extraordinario, sempre que requiran de plan de autoproteción ou un plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial de aplicación; a montaxe de instalacións para a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas e a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas que haxan de dispoñer de plan de autoproteción ou un plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial de aplicación; a celebración dos espectáculos públicos e actividades recreativas que se desenvolvan en máis dun termo municipal da CA; a celebración de espectáculos e festexos taurinos; e a apertura de establecementos abertos ao público e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica esixa a concesión de licenza ou autorización.

Comentarios
Lo más